...

2 views

X. Saliña verde
cadeiras con xente nun estado de constante espera
naquela sala moi temperá e practicamente morta
un televisor con uns sons extremadamente baixos
un pequeno e suave bulebule que non di nada

unha gran febre ardente por cada frente diferente
uns mocos moi mucosos cunha mucosidade mucia
dor extrema que extrae berros de forma exuberante

na estéril parede un moderno reloxo dixital
cada desesperante minuto unha total angustia
sesenta exuberanteis segundos por cada minuto
cada un aínda un pouquiño mais eterno o anterior

fila, tras fila, tras fila de cadeiras de madeira
en cada fila dispostas cerca de trece cadeiras
en cada unha un enfermo con cadanseu acompañante

as batas brancas máis verdes nunha constante ausencia
ausencia que frente todos os presentes faise notar
notoriedade evidente incluso para os non pacentes
pacentes que con cada segundo morren lentamente

desesperación acumulada polos sanitarios
os abundantes cartos parecen nunca suficintes
protestas, manifestacións, choros, sempre insuficintes

pola fiestra, danzan vehículos medicalizados
veñen, van, e van e veñen, unha e outra e outra vez
camillas entran, saen, saen, e entran, sempre sen parar
co ritmo interior comparado, unha moi real carreira

pero no interior o moderno reloxo será lento
a fervente febre seguirá aumentando lentamente
e a desesperación médica igual, paulatinamente

© CC-BY-NC-SA